O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño Rey, e o presidente do grupo empresarial de subministros agrogandeiros Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, asinan este luns, 21 de xullo, ás 12.00 horas, no salón reitoral do Colexio de San Xerome de Santiago, o convenio para a convocatoria e posta en marcha do XV Premio Aresa de Densenvolvemento Rural.
O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón creado conxuntamente no ano 2000 polo citado grupo empresarial de subministros agrogandeiros e a institución académica compostelá, naceu coa pretensión de favorecer e mellorar o benestar das persoas que viven no medio rural.
Dotado con 10.000 euros en metálico e un diploma de mérito para a candidatura gañadora, o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural recoñece e distingue aqueles proxectos, persoas, institucións e/ou empresas que destacan por contribuír de forma decisiva a crear emprego e riqueza nos ámbitos agrícolas e/ou gandeiros.
Este premio, que xa vai pola súa décimo quinta convocatoria, está aberto á participación de empresas, grupos de investigación, asociacións ou calquera outra entidade que contribúa ao desenvolvemento da economía rural galega.