A vixésima edición do Premio Aresa decidirase entre un total de 13 candidaturas

Flor_premio_aresa

Entre todas as propostas presentadas ao Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2019, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa, a gañadora coñecerase o vindeiro 4 de decembro.

Tras rematar o prazo para a presentación de propostas a finais do mes de outubro, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela presenta os trece candidatos a conseguir o galardón deste ano, que celebra a súa vixésima edición.

  1. Traballos realizados sobre agricultura galega, presentados por Ramón Fuentes Colmeiro
  2. Greenalia SA
  3. Cátedra do pan e do cereal, de M. Belén García, Ángeles Romero e Santiago Pereira
  4. Creación e lanzamento da marca de calidade Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, por parte da Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas de Betanzos”
  5. Confederación de Empresarios de Lugo
  6. Proxecto museístico do Museo Vivo e Integrado do Campo e da Locomoción Agraria (Muvicla), por Marcos Vázquez Marey
  7. Proxecto Cultivando Galicia, de Pablo Antonio Fraga Gontán
  8. Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro
  9. Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa
  10. Asoporcel
  11. Gandería Quintiáns
  12. Coren Cooperativas Ourensás
  13. Cooperativa A Carqueixa

O galardón premia cada ano iniciativas e proxectos presentados por entidades, empresas, grupos de investigación, asociacións ou persoas individuais, que contribúan de forma decisiva a crear emprego e riqueza nos ámbitos agrícola e/ou gandeiro como elementos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas que viven e traballan no medio rural galego.

O xurado desta ocasión, formado por Antonio López Díaz, reitor da USC; Álvaro Rodríguez Eiras, presidente de Aresa; Montserrat Valcárcel Armesto, vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo; Víctor Nogueira García, presidente do grupo Nogar e da Asociación Galega da Empresa Familiar, e Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, investigador e experto internacional en xenética, examinará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora o día 4 de decembro.

O Premio Aresa 2019 está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros.