Álvaro Rodríguez Eiras, presidente de Aresa, homenaxeado pola CEL

40 aniv_cel


A Confederación de Empresarios de Lugo celebrou onte un acto polo seu 40 aniversario, no que se puxo en valor o traballo de todos estes anos, se abordaron os retos pendentes e se entregou a insignia de ouro da entidade a catro exdirectivos, entre eles, Álvaro Rodríguez Eiras, o seu primeiro presidente, Jesús Quintá, Carmen Castelao e David García Vilela, xa falecido.

Rodríguez Eiras agradeceu o recoñecemento e subliñou que “tan valiosa como esta medalla que recibo é a satisfacción que me produce ter contribuído á fundación desta organización, que perdurou estes 40 anos”.

Dedicou unhas palabras ao resto dos homenaxeados e rematou a súa intervención amosando a súa preocupación polos problemas no seo da Organización e facendo un chamamento á responsabilidade de todos os empresarios de Galicia para “facer todo o posible por solucionar as desavenencias e poder recuperar o normal funcionamento da Confederación para que poida seguir desenvolvendo as funcións para as que foi creada, como son a representación e a defensa dos empresarios de Galicia”. 

Aresa logo

Contacto

Tel. Lugo +34 982 222 400Tel. Rábade +34 982 390 371info@aresa-agricola.com