Carlota López, vicepresidenta do grupo Aresa, participou este luns na apertura da décima edición do Campus de Verán Xuvenciencia que tivo lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra. Aresa colabora con esta cita, enmarcada dentro do apoio á Universidade de Santiago de Compostela, que achega a 95 rapaces este tipo de actividades educativas e lúdicas tan importantes para fomentar a curiosidade e o interese pola actividade científica, que é un motor da sociedade e do seu desenvolvemento.
O Campus de Verán Xuvenciencia reunirá, dende este luns e ata o día 9 de xullo, a mozos e mozas matriculados en 4.º da ESO, Bacharelato e ciclos medios de FP, cunha idade máxima de 19 anos. Ofrecerá 16 proxectos e 13 talleres e actividades.