Aresa colabora nunha nova edición de Xuvenciencia

Presentacion_xuvenciencia23

  • Serán un total de 95 alumnos os que gocen esta semana do Campus de Verán Xuvenciencia en Lugo.

A vicepresidenta de Aresa, Carlota López, participou este luns na apertura da décimo primeira edición do Campus de Verán Xuvenciencia que tivo lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra. Tamén estiveron presentes na inauguración do curso Elvira López, delegada do reitor da USC para o Campus Terra; Javier Arias, delegado da Xunta de Galicia en Lugo; Pablo Rivera, deputado provincial da Deputación de Lugo, e Lara Méndez, alcaldesa de Lugo.

O Grupo Aresa colabora un ano máis con esta cita que achega a 95 rapaces actividades educativas e lúdicas para fomentar a curiosidade e o interese pola actividade científica, motor da sociedade e do seu desenvolvemento.


O Campus de Verán Xuvenciencia reunirá, dende hoxe e ata o venres 7 de xullo, a mozos e mozas matriculados en 4º da ESO, bacharelato e ciclos medios de FP, cunha idade máxima de 19 anos. Ofrecerá 16 proxectos e obradoiros científicos e artísticos, visitas culturais e a centros tecnolóxicos, xincanas, premios e, por suposto, moita diversión.

Aresa

Contacto

Tel. Lugo +34 982 222 400Tel. Rábade +34 982 390 371info@aresa-agricola.com