Casa Grande de Xanceda recibirá o XXIII Premio Aresa este venres en Lugo

Aresa4
  • O seu labor na produción ecolóxica, o fomento do turismo sostible e a súa aposta pola comunicación en redes foron os motivos da súa selección.
  • A gala de entrega do Premio Aresa, que convocan a Universidade de Santiago de Compostela e o grupo Aresa, terá lugar este venres, 10 de marzo, na Facultade de Veterinaria de Lugo.

A candidatura presentada por Casa Grande de Xanceda resultou a gañadora do XXIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), e o galardón seralle entregado este venres, 10 de marzo, nunha gala que terá lugar no auditorio da Facultade de Veterinaria ás 20:00 horas.

O tribunal desta vixésimo terceira edición, que estivo integrado por Antonio López, reitor da USC; Carlota López, adxunta á Presidencia de Aresa; Francisco José Fraga, vicerreitor do Campus de Lugo; Marius Rubiralta, presidente da Comisión Científica Externa do Campus Terra, e Carmen Lence, CEO do Grupo Lence, valorou as 17 candidaturas dacordo coas premisas establecidas nas bases do Premio e decantouse por Casa Grande de Xanceda pola súa aposta pola produción ecolóxica, o fomento do turismo sostible e a comunicación en redes sociais para difundir a realidade do rural.

No transcurso do acto deste vindeiro venres será Carmen Lence quen ofreza a conferencia maxistral titulada “Unha historia de superación”.

O Premio Aresa está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros e unha placa conmemorativa.

CANDIDATURAS PRESENTADAS

Ademais de Casa Grande de Xanceda, este é o listado de candidaturas presentadas a esta edición do Premio Aresa: Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira Acivo,    Savelo, CampoLab, Agrupación Apícola de Galicia, La Abuela Delfina, Airas Moniz, Lugar da Veiga, Son de Lugo, Muiñeiras de Requiande, Traloagro,  Comunidade de montes veciñais en man común de Couso,         Slow Food Compostela, Galinsect, Dos Dog, Tres Fuciños. Estratexia para a loita ecolóxica contra a rata toupa e Casa Grande de Xanceda.

Aresa

Contacto

Tel. Lugo +34 982 222 400Tel. Rábade +34 982 390 371info@aresa-agricola.com