Este venres finaliza o prazo de presentación de candidaturas ao Premio Aresa

Flor_premio_aresa

O tempo para concorrer ao XVIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural chega ao seu fin, o prazo para o rexistro das propostas rematará este vindeiro venres ás 14:00 horas.

O galardón foiconvocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa a mediados do mes de setembroe premiará como cada ano, entre todas as presentadas, a iniciativa ou o proxecto que mellor contribúa á xeración de riqueza e emprego nos ámbitos agrícola e/ou gandeiro co obxectivo de mellorar o benestar das persoas que viven e traballan no medio rural galego.

O Premio Aresa está dotado con 10.000 euros e será un xurado especializado o que examine todas as candidaturas e dea a coñecer publicamente o nome da gañadora nunha data aínda sen determinar dos vindeiros meses.

As bases seguen dispoñibles na web www.premioaresa.com.