Mañá revelaremos o gañador do XXIII Premio Aresa

O lugués Pazo de Montenegro acollerá mañá ás 13:00 h unha conferencia de prensa na que se comunicará o nome da candidatura vencedora da edición de 2022 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

Firma_convenio_premioaresa2022 1_

No acto estarán presentes, como membros do xurado deste ano, Antonio López Díaz, reitor da USC; Álvaro Rodríguez Eiras, presidente de Aresa; Francisco José Fraga, vicerreitor do Campus de Lugo; Marius Rubiralta, presidente da Comisión Científica Externa do Campus Terra, e Carmen Lence, CEO de Leite Río, que seleccionarán a gañadora entre as 17 candidaturas presentadas ao galardón:

  • Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira Activo.
  • Savelo.
  • CampoLab.
  • Agrupación Apícola de Galicia.
  • La Abuela Delfina.
  • Airas Moniz.
  • Lugar da Veiga.
  • Son de Lugo.
  • Muiñeiras de Requiande.
  • Traloagro.
  • Comunidade de montes veciñais en man común de Couso.
  • Slow Food Compostela.
  • Galinsect.
  • Dos Dog.
  • Tres Fuciños.
  • Estratexia para a loita ecolóxica contra a rata toupa.
  • Casa Grande de Xanceda.