O décimo Premio Aresa Júnior de Desenvolvemento Rural foi entregado na clausura do Campus de Verán XuvenCiencia

Premioaresajunior2024

Un total de 15 proxectos foron presentados esta tarde polos 95 participantes no Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo, pero o grupo Aresa recoñeceu de maneira especial o proxecto “Árbores en tubos de ensaio”.

Esta tarde tivo lugar na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo a clausura da edición de 2024 do XuvenCiencia, na que se fixo efectiva a entrega do Premio Aresa Júnior de Desenvolvemento Rural que concede por décimo ano o grupo Aresa.

A convocatoria xuntou do 1 ao 5 de xullo uns 95 participantes, rapazas e rapaces de toda Galicia estudantes preuniversitarios. Dentro do programa de actividades deste campus de verán, levaron a cabo diversos proxectos científicos baixo a dirección de profesores da Universidade de Santiago de Compostela.

O fallo dos membros do xurado converteu en gañadores do X Premio Aresa Júnior a Lorena Alonso, Rebeca Álvarez, Diego Iglesias, Naia Castaño, María Gómez, María Soledad Souto e Adrián Lousa.

O premio, consistente nun diploma honorífico e nun regalo, foilles entregado en man por Carlota López, vicepresidenta de Aresa.

Aresa logo

Talento

Tel. Lugo +34 982 222 400Tel. Rábade +34 982 390 371info@aresa-agricola.com