O XI Premio Aresa Júnior de Desenvolvemento Rural recoñece o proxecto “Luz, cor e vida” na clausura do Campus de Verán XuvenCiencia

Xipremioaresajunior

O galardón, impulsado polo grupo Aresa, distingue cada ano o talento científico xuvenil vinculado ao medio rural. Nesta ocasión foi elixido entre un total de 16 propostas de 95 participantes.

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo acolleu esta tarde o acto de clausura do Campus de Verán XuvenCiencia 2025, no que se fixo entrega do undécimo Premio Aresa Júnior de Desenvolvemento Rural, promovido polo grupo Aresa.

Durante cinco días, do 30 de xuño ao 4 de xullo, preto de cen estudantes preuniversitarios procedentes de diferentes puntos de Galicia participaron nesta iniciativa organizada pola Universidade de Santiago de Compostela. No marco do campus desenvolveron diversos proxectos científicos guiados por profesorado da USC, que foron presentados nesta xornada final.

Entre os 16 proxectos expostos, o xurado destacou especialmente “Luz, cor e vida”, traballo realizado por Alba García Rodríguez, Mateo Rivas Otero, Natalia Ramírez Blanco, Pedro Asian Aguilera, Claudia González García e Teo Barcala Blanco, que resultaron gañadores do XI Premio Aresa Júnior.

O galardón, que inclúe un diploma acreditativo e un agasallo, foi entregado por Carlota López, presidenta de Aresa, quen destacou o talento e compromiso do alumnado co desenvolvemento rural e a innovación científica.