O XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural entregarase o vindeiro 29 de marzo

Flor_premio_aresa

A data prevista era o venres 8 de marzo e finalmente o gañador desta edición, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), recollerá o galardón o día 29. 

A USC e o grupo empresarial Aresa, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo, acordan mudar a data da cerimonia de entrega do XIX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un acto público que se desenvolverá o día 29 de marzo ás 20.00 horas na Facultade de Veterinaria de Lugo. 

Dende Aresa aseguran que o día 10 de xaneiro, día no que se fixou a data da cerimonia de entrega do premio, xa eran coñecedores da festividade; de feito, o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, xa tiña pensado felicitar a todas as mulleres durante a súa intervención no acto.   Con este cambio de última hora o grupo Aresa lamenta os inconvenientes que lles puideran ocasionar aos convidados e anuncian que recibirán en vindeiras datas unha nova invitación.