O XVIII Premio Aresa decidirase entre un total de 14 candidaturas

A edición de 2017 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa, conta cun total de 14 candidaturas entre empresas, asociacións e traballos de I+D+i vinculados ao medio rural.

Flor_premio_aresa

Tras rematar o prazo para a presentación de propostas a finais do mes de outubro, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela presenta os catorce  candidatos a conseguir o galardón deste ano.

  • Kalekói.
  • Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia.
  • Adega Algueira.
  • Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).
  • Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
  • Asociación de Criadores de Raza Porco Celta (ASOPORCEL).
  • Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo.
  • Hortícolas Javier Miranda.
  • Finca Villadangos.
  • Traballo de I+D+i : Optimización do proceso de fermentación de mostos de uvas de mesa brancas e tintas con gránulos de kéfir para a produción de bebidas funcionais. Presentado por Nelson Pérez Guerra e José Manuel Domínguez González, profesores do departamento de Química Analítica e Alimentaria da Facultade de Ciencias de Ourense. UVigo.
  • Vinagres do Ribeiro.
  • Traballo de I+D+i : Elaboración de aceites monovarietais de sementes de vide, procedentes de residuos vitivinícolas industriais das variedades brancas de albariño, caíño branco e loureira. Presentado polo Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC).
  • Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo.
  • Candidatura que solicita o anonimato da súa participación.

O galardón premia cada ano iniciativas e proxectos presentados por entidades, empresas, grupos de investigación, asociacións ou persoas individuais, que contribúan de forma decisiva a crear emprego e riqueza nos ámbitos agrícola e/ou gandeiro como elementos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas que viven e traballan no medio rural galego.

Será un xurado especializado o que examinará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora no vindeiro mes de decembro. O Premio Aresa 2017 está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros.