Será o vindeiro mércores 31 de xaneiro cando os membros do xurado examinen todas as propostas presentadas ao Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2023, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa.

A Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), recontou todas as candidaturas rexistradas para participar na vixésima cuarta edición do galardón e o gañador estará entre as seguintes 12:
- Proxecto Eo Alimenta.
- Proxecto Moirai.
- Slow Food Compostela.
- Apicultura no Concello de Boborás.
- Moexmu.
- Proxecto H2GZ As Pontes. The City Under The Lake.
- Cosmética Muuhlloa.
- Traloagro.
- Puresa.
- Asociación Soutos do Courel.
- Candidatura conxunta dos grupos de investigación Farmatox, da Facultade de Veterinaria, e NanoMag, da Facultade de Física da USC.
- Traballo Influencia dos residuos de funxicidas a base de mepanipirim sobre a composición aromática do viño.
O xurado, composto nesta ocasión polo reitor da USC, Antonio López Díaz; o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; a conselleira e directora de Marketing e Exportación de Aceites Abril, Elena Pérez Canal, e a catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos da USC, Ángeles Romero, examinará todas estas candidaturas e dará a coñecer publicamente a gañadora o martes 31 de xaneiro.
O galardón está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros e un diploma de mérito.