O XXVI Premio Aresa disputarase entre un total de 11 candidaturas

Candidaturas_aresa

Os membros do xurado do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2025, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa, darán a coñecer a gañadora o vindeiro venres 6 de febreiro.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), contabilizou todas as candidaturas rexistradas para concorrer á vixésimo sexta edición do galardón e o gañador sairá da seguinte relación:

  1. Cátedra do Pan e do Cereal
  2. Embutidos Suarna
  3. Da Escola á Granxa
  4. Gandería Quintián
  5. Belacolmea-Innovar dende a colmea
  6. Hifas da Terra
  7. Soc. Coop. O Rodo
  8. Ecogranxa de Riomouro
  9. Vacantes.gal
  10. Bico de Xeado
  11. AZ-Agro

O xurado, formado nesta ocasión polo reitor da USC, Antonio López Díaz; o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López; a presidenta de Aresa, Carlota López Pardo; a CEO de Granja Campomayor, María García Busto; e o catedrático de Química Analítica, Carlos Herrero Latorre, examinará todas estas candidaturas e fará pública a súa decisión o vindeiro venres 6 de febreiro nun acto que terá lugar ás 12:30 h na sala de prensa do Pazo de Montenegro na cidade de Lugo. O galardón está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros e un diploma de mérito.