O xurado do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural seleccionou un total de sete proxectos entre todos os presentados á XIV edición do certame, que competirán polo galardón, que se faiará o próximo día 30 de decembro.

Nunha primeira fase, o xurado fixo unha preselección entre os presentados para escoller aqueles proxectos que se axustaban ás bases presentadas este ano, nas que se busca un único proxecto que destaque pola súa viabilidade, o fomento do emprego e a posta en valorados produtos da terra.
Entre os sete preseleccionados destacan dúas empresas. Por unha parte, é candidata este ano Alibós, situada en Monterroso, que se dedica á elaboración e envasado de castaña pelada e conxelada cunha producción de 6.000 toneladas/ano. Xunto coa Deputación de Lugo, puxo en marcha o Proxecto Soutos, para o aproveitamento destes bosques autóctonos para a recollida e comercialización das castañas. Como complemento, mantén varias liñas de investigación.
A outra empresa que entra na selección é a gandeiría Quintián, que leva máis de 40 anos producindo leite no Páramo. Cunha cabana de 60 vacas, produce 2.000 litros de leite ao día, o que lle levou en 2010 a crear a súa propia marca de leite fresco pasteurizado que comercializa a través de máquinas expendedoras e de xeito directo na hostalería, colexios e tendas.
Tamén foi seleccionada para optar ao Premio Boaga, a organizacións que representa á maior parte dos criadores de razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción, con máis de mil asociados. A súa actividade baséase na xestión de libros xenealóxicos de razas cachena, caldelá, frieiresa, limiá, ovella galega, galiña de mos, vainesa e cabra galega.
Por otra banda, tamén se presentaron catro proxectos de investigación en diferentes fases de desenvolvemento. O primeiro é o proxecto de creación de empresas de cultivo de Árnica Montana en Galicia para o abastecemento da industria farmacéutica europea, a cargo de Geneaqua, S.L.
O obxectivo deste proxecto é analizar a diversidade xenética desta planta mediciñal, estudar en parcelas experimentais os procedementos de domesticación e posteriormente realizar un estudo de mercado e un plan de formación e divulgación do proxecto para incentivar a creación de empresas.
Un segundo proxecto é o da veterinaria María Aurora Estrada Fernández, co que pretende a identificación animal por ADN como base para que os produtos cárnicos acaden a trazabilidade total, aumentando deste xeito a seguridade alimentaria.
Como terceira proposta no apartado de investigación está o estudo de Marcos Vázquez Marey sobre as casas de labanza galegas, que ten como obxectivo o fomento da autoestima dos traballadores rurais, coa diversificación de actividades sinérxicas como as casas de labranza. O exemplo pono con Casa de Vázquez, situada en Láncara, que se dedica á gandeiría bovina complementando o traballo coa produción de mazás ecolóxicas e o cultivo forestal.
Pecha o listado de candidaturas o proxecto Viñas Atlánticas, da Deputación de Pontevedra, un aplicativo web que se concibe como unha ferramenta ideada para combatir enfermidades propias dos viñedos e axudar aos viticultores a optimizar a aplicación de produtos fitosanitarios.
Para facer unha valoración ecuánime destes sete candidatos un comité de expertos analiza estes días todos os proxectos para emitir un resultado obxectivo, que será valorado polo xurado antes de emitir o seu faio, que está previsto para o día 30 de decembro.
A contía do premio, de 10.000 euros, convirte a esta convocatoria nunha das máis relevantes do sector. Ademais, este ano, ofrecerase a posiblidade á empresa gañadora de solicitar asesoramento e axuda para o desenvolvemento do proxecto.