Últimos días para concorrer ao XVIII Premio Aresa

O vindeiro venres 27 de outubro remata o prazo para a presentación de candidaturas á edición de 2017 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa. 

O galardón premia cada ano iniciativas e proxectos presentados por entidades, empresas, grupos de investigación, asociacións ou persoas individuais, que contribúan á mellora do benestar das persoas que viven e traballan no medio rural galego.

As bases están dispoñibles nesta ligazón e os aspirantes deben entregar a documentación correspondente nos rexistros xerais dos campus universitarios de Lugo (no Edificio dos Servizos Centrais) ou de Santiago de Compostela (no Colexio de San Xerome) antes das 14.00 h do venres 27 de outubro.

O Premio Aresa está dotado con 10.000 euros e será un xurado especializado o que examinará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora nunha data aínda sen determinar, nalgún momento dos dous primeiros meses do próximo ano.

Aresa

Contacto

Tel. Lugo +34 982 222 400Tel. Rábade +34 982 390 371info@aresa-agricola.com