O prazo para a presentación de candidaturas á edición de 2021 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa, remata o venres 14 de xaneiro.
As bases están dispoñibles na web www.aresa-agricola.com e os aspirantes deben entregar a documentación correspondente nos rexistros xerais, tanto físico como electrónico, dos campus universitarios de Lugo ou de Santiago de Compostela ata o vindeiro 14 de xaneiro de 2022.
O galardón está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros e un diploma de mérito e será un xurado especializado o que examinará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora nunha data aínda sen determinar.
PREMIADOS ANTERIORES
Na traxectoria deste galardón, que xa acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran Novafrigsa (2000), o catedrático da USC Javier Guitián Rivera (2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002), o ex director xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva (2003), a IXP Ternera Gallega (2004), o programa da Televisión de Galicia O Agro-Labranza (2005), a DO Ribeira Sacra (2006), os impulsores da queixería Casa Macán (2007), a Facultade de Veterinaria de Lugo (2008), Ingapan (2009), Acruga (2010), a SAT Monte de Trabada (2011), Champivil (2012), Alibós Galicia (2013), a DOP Queixo San Simón da Costa (2014), Agroamb (2015), a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galica, Ovica (2016), a Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, EPS (2017), o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Craega (2018), a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta, Asoporcel, (2019) e Cooperativa A Carqueixa que resultou gañadora do premio na edición de 2020.