O prazo para a presentación de candidaturas á edición de 2020 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa, remata o vindeiro 31 de decembro.
15.12.2020. As bases están dispoñibles na web www.premioaresa.com e os aspirantes deben entregar a documentación correspondente nos rexistros xerais, tanto físico como electrónico, dos campus universitarios de Lugo (no Edificio dos Servizos Centrais) ou de Santiago de Compostela (no Colexio de San Xerome) antes das 14.00 h do xoves 31 de decembro.Este ano a edición será máis especial ca nunca, pois estará marcada polo marco sanitario no que estamos e a nova realidade que marcou inesperadamente a chegada da covid-19, que constatou a importancia do sector agrícola e gandeiro como motor económico e fonte de riqueza de Galicia, afectoulle á engrenaxe e ao día a día de moitas empresas e colectivos, pero tamén abriu as portas a novas formas de vida nas que o rural se contempla como saída e futuro.