Un total de 10 candidaturas compiten polo XIX Premio Aresa

Entre todas as propostas presentadas a esta edición de 2018 do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa, a gañadora coñecerase o vindeiro 10 de xaneiro.

Flor_premio_aresa

Tras rematar o prazo para a presentación de propostas a finais do mes de outubro, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela presenta os dez candidatos a conseguir o galardón deste ano.

  • Asoporcel.
  • Galo Celta.
  • Atelier Bisqato.
  • Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.
  • Denominación de Orixe Protexida DOP Cebreiro.
  • Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
  • Miceltia.
  • Sistema de deshidratación alimentado por enerxía solar para produtos agroalimentarios.
  • Cátedra do pan e do cereal.
  • Proxecto H2GZ Raising Water Para e Por Galicia.

O galardón premia cada ano iniciativas e proxectos presentados por entidades, empresas, grupos de investigación, asociacións ou persoas individuais, que contribúan de forma decisiva a crear emprego e riqueza nos ámbitos agrícola e/ou gandeiro como elementos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas que viven e traballan no medio rural galego.

O xurado desta ocasión, formado por Antonio López Díaz, reitor da USC; Álvaro Rodríguez Eiras, presidente de Aresa; Montserrat Valcárcel Armesto, vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo; José Manuel Silva Rodríguez, exdirector xeral de Agricultura da Comisión Europea, e José Armando Tellado Nogueira, director xeral de Capsa Food, examinará todas as candidaturas e dará a coñecer publicamente o nome da gañadora o día 10 de xaneiro.

O Premio Aresa 2018 está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros.