Un total de 13 candidaturas optan ao XXV Premio Aresa

Será o vindeiro venres, 31 de xaneiro, cando os membros do xurado examinen todas as propostas presentadas ao Premio Aresa de Desenvolvemento Rural 2024, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa.

Pazo_montenegro

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), recontou todas as candidaturas rexistradas para participar na vixésimo quinta edición do galardón e o gañador estará entre as seguintes trece:

  1. Chichalovers
  2. Agrolistik
  3. Aldealista
  4. Asociación Fonte do Milagro
  5. Asociación Mariñas Betanzos
  6. Cátedra do Pan e do Cereal
  7. Proxecto H2GZ Área Viveiro
  8. Muvicla
  9. Asociación Raíña Paraíso
  10. Biogás-Frigoríficos Bandeira
  11. Foro Emprendemento Rural
  12. Gandería Quintián
  13. Traloagro

O xurado, composto nesta ocasión polo reitor da USC, Antonio López Díaz; o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López; a presidenta de Aresa, Carlota López Pardo; o CEO de Torre de Núñez, José Manuel Núñez Torre, e o exreitor e catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Senén Barro Ameneiro, examinará todas estas candidaturas e dará a coñecer publicamente a gañadora este venres 31 de xaneiro nun acto que terá lugar ás seis da tarde na sala de prensa do Pazo de Montenegro na cidade de Lugo.

O galardón está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros e un diploma de mérito.