Este venres 22 de xaneiro celebrarase o acto de entrega do XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural ao grupo Agroamb na Facultade de Veterinaria de Lugo, a partir das 20.00 horas. Presidirán a cerimonia o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, e o fundador de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, que estarán acompañados por persoeiros dos eidos político, económico, social e cultural.
No transcurso da gala, Javier Guitián Martínez, catedrático de Saúde Pública Veterinaria do Royal Veterinary College da Universidade de Londres e membro do xurado desta edición, ofrecerá a conferencia “Que pode facer a universidade polo sector agrícola?”.
A festa rematará cun viño de honor.