Entregado o IX Premio Aresa Júnior de Desenvolvemento Rural na clausura do Campus de Verán XuvenCiencia

Premioaresajunior2023

Os 95 participantes no Campus de Verán XuvenCiencia de Lugo presentaron esta tarde un total de 15 proxectos, pero o grupo Aresa distinguiu en especial os estudantes promotores do proxecto “Árbores en tubos de ensaio”.

Esta tarde tivo lugar na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo a clausura da edición de 2023 do XuvenCiencia, na que se fixo efectiva a entrega do Premio Aresa Júnior de Desenvolvemento Rural que concede por noveno ano o grupo Aresa.

A convocatoria xuntou uns 95 participantes, rapazas e rapaces de toda Galicia estudantes de 4.º da ESO e de BAC, que, dentro do programa de actividades deste campus de verán, levaron a cabo diversos proxectos científicos baixo a dirección de profesores da Universidade de Santiago de Compostela.

O fallo dos membros do xurado converteu en gañadores do IX Premio Aresa Júnior a Lola Monteiro Molíns (Ferrol), Ángela Monteagudo León (Ferrol), Andrea María Lourido Rodríguez (Ferrol), Raquel Barreiro Caruncho (Bertamiráns), Galir Macía López (Lugo), Candela Rodríguez Cela (Ribadeo) e Óscar Rodríguez de Vivero (Lugo).

O premio, consistente nun diploma honorífico e nun regalo, foilles entregado en man por Carlota López, vicepresidenta de Aresa.

Aresa logo

Talento

Tel. Lugo +34 982 222 400Tel. Rábade +34 982 390 371info@aresa-agricola.com